Documento de solicitude para a participación na compostaxe doméstica
Neste 2020 implantaranse por vez primeira no concello da Pobra do Caramiñal composteiros domésticos e comunitarios. Neste senso, seleccionaranse 50 vivendas para a instalación de composteiros domésticos (tomándose a parroquia do Xobre como punto de partida deste proxecto piloto) e 3 espazos públicos para os comunitarios.
En canto á veciñanza do Xobre que desexe participar de xeito voluntario, o prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto durante un mes, formalizándose a través do rexistro, preferiblemente, o telemático. O documento de solicitude é o seguinte.
Por outra banda, a cidadanía que así o desexe poderá requiri-la súa participación na compostaxe comunitaria (especialmente dirixida a quen vive en pisos ou casas sen terreo) e o proceso será semellante que no caso dos domésticos. Por cuestións organizativas, este documento de solicitude estará dispoñible posteriormente e comunicaráselle á cidadanía cando así sexa.