Esgotadas as entradas para o concerto de Human
A banda Human fará o seu debut no sábado 12. Trátase dun trío de rock e soul formado por músicos da localidade: Martín Sánchez, Marcos Outeiral e Ricardo Boo.
As entradas xa están esgotadas.
Organizada pola Concellaría da Cultura, en colaboración coa produtora Silencio Roto, o evento transcorrerá no Elma a partir das 20.00 horas, mais ás 19.15 horas terá lugar a apertura de portas.
Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19.