Gráfica coa evolución da pandemia na Pobra para este 3 de febreiro
Nova actualización da gráfica que reflicte a evolución da pandemia no noso municipio.
Cómpre lembrar que o parámetro de cor verde representa o número de casos nos últimos 14 días; mentres que a liña vermella curva traza a media dos casos dos últimos dez días: o que se chama a media móbil. Ten a utilidade de indicar mellor a tendencia que segue a pandemia, pois é menos sensible ás variacións bruscas que se poden dar dun día para outro pero que non se manteñen no tempo. Por este motivo, a súa forma é máis suave ca a do parámetro anteriormente mencionado, non crece de maneira tan acusada cando hai subidas bruscas, pero, en consecuencia, tamén se dobrega con máis dificultade.
Deste xeito, vemos como ámbolos indicadores aínda se sitúan por riba da liña vermella máis grosa, a horizontal, que sinala o límite dos 250 casos por cada 100 000 habitantes. Cando se cruzou coa verde entramos nunha fase en que era posible que pasásemos ó risco máximo, algo que se volve definitivo no momento en que se cruzan as dúas liñas vermellas. Agora é preciso conseguir que se volvan cortar, mais desta vez coa media móbil cara a abaixo.