A biblioteca municipal permanecerá pechada neste 25 de febreiro
A biblioteca municipal Victoriano García Martí permanecerá pechada na xornada deste 25 de febreiro.
Tómase esta decisión para ventilar adecuadamente o espazo despois de que nesta mañá se producise un incendio no ascensor do edificio do Instituto Social da Mariña (ISM) a causa dun cortocircuíto.