A Pobra do Caramiñal mantense no nivel de restrición máxima
Ás 00.00 horas deste 12 de abril de 2021 entraron en vigor novas medidas con relación á situación epidemiolóxica.
A Pobra do Caramiñal mantense no nivel de restrición máxima.
Peche perimetral individual do municipio.
Hostalaría e restauración pechados ao público. Permítese a entrega no domicilio ata as 24.00 horas e a recollida no local para o consumo no domicilio ata as 21.30 horas.
Límite nos establecementos retallistas e de actividades de servizos profesionais ao 50% da súa capacidade.
Limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, só a persoas conviventes. Non será aplicable esta limitación no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.
Limitación da mobilidade nocturna no período comprendido entre as 22.00 e as 06.00 horas.
Máis información sobre as medidas que comprende este nivel de restrición na seguinte ligazón: https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Nivel-Restricion-Maxima
Ligazón ao Diario Oficial de Galicia (DOG) correspondente: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=%2Fexcepcional%2F2021%2F20210409%2F2610%2FSecciones1_gl.html&fbclid=IwAR2ZMZ35MOJX0cxjbURpt5Ba9U8focNOjISa2iQ0HmewG0-RJgXrmKMn2Xc