Cortada ao tráfico a rúa Fernández Albor na tarde do 8 de maio
Mapa remitido pola Real Federación Española de Atletismo onde se indica o circuíto para o Campionato de Galicia de Marcha en Ruta.
Deste xeito, infórmase de que neste 8 de maio, dende as 15.30 e ata as 21.00 horas, permanecerá cortada ao tráfico a rúa Fernández Albor, pois o circuíto habilitarase no tramo da fachada marítima comprendido entre a rotonda que dá acceso ao peirao náutico e as inmediacións da lonxa, no porto comercial.