
Sesión ordinaria do Pleno da corporación de 29 de xullo de 2021
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada de onte, xoves 29, a partir das 21.00 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación, a cal contou coa ausencia da concelleira Amparo Cerecedo (BNG). A orde do día foi a que figura a seguir:
- Aprobación actas anteriores (pleno do 21 de xaneiro e 3 de febreiro de 2021).
- Aprobación da nova identidade gráfica municipal. Aprobado con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP).
- Aprobación de recoñecemento extraxudicial de crédito 02/2021. Aprobado por unanimidade.
- Proposta da alcaldía pra o apoio á moción presentada pola Asociación ACOUGO relativa a equiparar real e efectivamente as persoas menores en acollemento familiar á condición de “fillo/a” e o recoñecemento de familias de especial protección as familias. Aprobado por unanimidade.
- Moción do grupo municipal do BNG sobre a retirada do recurso contencioso-administrativo ao plan xeral de explotación marisqueiras. Aprobado por unanimidade.
- Moción do grupo municipal do PP relativa o protocolo e respecto institucional. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).
- Moción do grupo municipal do PP relativa á contratación dos auxiliares da Policía local. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).
- Moción do grupo municipal do PP relativa á circulación no noso concello. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).
Finalmente, procedeuse coa quenda de rogos e preguntas.