Acto público de inauguración do cruceiro de Abuín
No 7 de novembro, ás 11.30 horas, terá lugar un acto público de inauguración do cruceiro de Abuín, situado na parroquia de Santo Isidro de Posmarcos, coa finalidade de dar a coñece-lo proceso de restauración ao cal foi sometido. Estará amenizado polo grupo de música tradicional Os Caraveiros, ademais de que se disporán uns petiscos no remate.
O acto transcorrerá nas inmediacións do referido cruceiro e, por cuestións de tráfico, recoméndase estaciona-los vehículos na contorna do lavadoiro situado nas proximidades da igrexa parroquial de Santo Isidro.
Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).