Sesión extraordinaria do Pleno da corporación de 10 de novembro de 2021
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal albergou no mércores 10, a partir das 20.30 horas, a sesión extraordinaria do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:
- Aprobación de suplemento de crédito 02/21 – Gastos correntes e financeiros, con financiamento a cargo do remanente de tesourería do ano 2020. Aprobado con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP). Unicamente este punto da orde do día contou coa ausencia do concelleiro José Andrés Lojo (Nós Pobra).
- Aprobación de crédito extraordinario 04/21 – Investimentos financiados con endebedamento. Aprobado con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP).
- Aprobación de crédito extraordinario 05/21 – Gastos correntes e investimentos con financiamento a cargo do remanente de tesourería do ano 2020. Aprobado con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP).
- Aprobación de crédito extraordinario 06/21 – Aprobación dunha subvención con carácter nominativo á Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal, para gastos relacionados coa posta en funcionamento dun artefacto flotante destinado a preengorde de semente de bivalvos, con cargo ao remanente de tesourería do ano 2020. Aprobado por unanimidade.
- Aprobación de crédito extraordinario 07/21 – Aprobación dunha subvención con carácter nominativo ao Club de Remo Puebla para a organización da regata I Bandeira de traiñeiras “O camiño do Barbanza. A orixe”do ano 2021, con cargo ao remanente de tesourería do ano 2020. Aprobado por unanimidade.
- Aprobación de suplemento de crédito 03/21 – Aprobación de subvencións nominativas a entidades deportivas e de educación, con financiamento a cargo do remanente de tesourería do ano 2020 e aprobación de subvencións nominativas. Aprobado por unanimidade.
- Aprobación da solicitude dunha subvención nominativa á Excma. Deputación para o proxecto de Dinamización do Espazo Colaborativo Coworking Pobra. Aprobado por unanimidade.
- Aprobación do expediente 2627/2021, relativo á imposición de penalidades por demora na execución do contrato de subministración para a execución do denominado “proyecto de renovación y adaptación al reglamento de eficiencia energética, R.D. 1890/2008, de los alumbrados públicos en el ayuntamiento de A Pobra do Caramiñal (exp. 4005/2018)”. Aprobado con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 abstencións (PP).