Inicio dunha campaña de control da velocidade na Pobra
O Concello da Pobra do Caramiñal inicia no 31 de marzo unha campaña de control da velocidade nas rúas urbanas e rurais do municipio.
Segundo explica o concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), os controis serán efectuados por parte das e dos axentes da Policía local en puntos de maior risco e, para ese labor, contarase con medios cedidos temporalmente pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT), mediante un vehículo radar.
O obxectivo desta campaña é reduci-la sinistralidade e mellora-la seguridade viaria no termo municipal, especialmente nos núcleos rurais. Cómpre lembra-la importancia de respecta-la sinalización e levar a cabo unha condución segura.