Día da Diversidade Sexual 2022
Neste 28 de xuño conmemórase o Día da Diversidade Sexual. Un ano máis, o Concello da Pobra do Caramiñal, a través da súa área da Igualdade, súmase á campaña Liberdade de ser e sentir!, impulsada pola Deputación da Coruña, e sobre a cal se pode consultar máis información na páxina web www.seresentir.gal.
#DíadaDiversidadeSexual #seresentir