
Aviso do lanzamento de bombas de palenque con motivo da festividade do Nazareno
Lembramos que nos vindeiros días continuará o lanzamento de bombas de palenque con motivo da festividade do Nazareno.
Na xornada do domingo 18 será ás 09.00 horas, ademais de que, arredor das 13.00 horas, estoupará a tradicional traca cando chegue o Nazareno á Covecha. Haberá novamente bombas de palenque no luns 19, ás 10.00 horas, e o espectáculo de fogos artificiais terá lugar ás 24.00 horas, cunha duración aproximada de 20 minutos.