A Pobra recuperou a tradicional procesión votiva das mortallas
A devoción marcou a xornada do domingo 18 coa tradicional procesión votiva das mortallas, caracterizada pola participación dos cadaleitos ofrecidos por aquelas persoas que evitaron a morte ou sandaron dalgunha enfermidade.
As campás da igrexa de Santiago do Deán anunciaron pouco despois das 10.30 horas a saída do Nazareno para percorre-las rúas da Pobra do Caramiñal trala paréntese ocasionada pola pandemia.
Unha multitude de fieis conformaron a comitiva que lle quixo render tributo, coa cor morada e o olor da cera das candeas prendidas como un dos sinais de identidade. O acto contou tamén con acompañamento musical e a asistencia de autoridades coma o alcalde, Xosé Lois Piñeiro.
Ademais, despregouse un amplo operativo co fin de afianza-la seguridade no transcurso deste evento.
Declarada Festa de Interese Turístico Galego, as celebracións do Nazareno chegarán ao seu fin neste 19 de setembro co grande espectáculo de fogos artificiais.