
Nova presentación literaria na Pobra do Caramiñal
O Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal dará cabida no 23 de setembro, ás 20.30 horas, á presentación do libro Marea Morta, de Ana Lojo Chan.
Xunto coa autora, intervirán a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e Mariano Muñiz.
O libro céntrase na historia de Liz, quen vive con súa nai en Edimburgo e chega a un pobo de Galicia para pasar unhas semanas cuns familiares dos que estivo anos afastada. Vivirá unhas das mellores experiencias da súa vida, ao mesmo tempo que intenta darlle sentido a un segredo que a atormenta.
A entrada é libre ata completa-la cabida.