Xornada de presentación do programa Muller Dixital
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade organiza a xornada de presentación da iniciativa Muller Dixital, que conta coa colaboración da Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra).
Trátase dun programa de alfabetización dixital que pretende dar resposta ás necesidades de emprego. As accións formativas que se ofertan son de balde, cunha duración de 40 horas en quenda de mañá e, unha vez finalizado o curso, entregarase unha tablet de agasallo.
As mulleres interesadas poden asistir á presentación no 28 de outubro, ás 11.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán. É preciso leva-la mellora ou demanda de emprego e o DNI ou NIE. Para a resolución de dúbidas tamén se habilita o enderezo electrónico igualdade@apobra.gal e o teléfono de contacto 981832764, marcando a opción 6.