O prazo de pagamento en período voluntario das taxas municipais, do lixo e do IAE correspondente a 2022 abre no 24 de novembro
O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que no 24 de novembro abre o prazo de pagamento en período voluntario das taxas municipais, da recolleita do lixo correspondente ao segundo semestre de 2022 e do imposto sobre actividades económicas (IAE). O dito prazo permanecerá aberto ata 24 de xaneiro de 2023.
Recoméndase ter feita a domiciliación bancaria. Se non é así, poderase realiza-lo pagamento achegándose ata a oficina da Recadación situada na planta baixa do consistorio, de luns a venres, en horario de 09.00 a 13.00 horas.
O vencemento do prazo de pagamento en período voluntario sen ter ingresada a débeda tributaria motivará a apertura do procedemento recadatorio no período executivo coa recarga de constrinximento.