O ciclo teatral de novembro da Pobra finaliza cunha adaptación da novela O porco de pé
Chega o cuarto domingo do mes de novembro e, con el, a última función do ciclo teatral organizado pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Será no día 26, ás 19.00 horas, sobre as táboas do Elma.
Producións Teatrais Excéntricas amosará unha adaptación de O porco de pé, a novela de Vicente Risco. Aquí, o porco, animal totémico dos cocidos e dos entroidos, toma os teatros para demostra-la súa superioridade sobre os seres humanos. A compañía presenta así un teatro de barracón, aquel que, na infancia, fascina e asusta en partes iguais.
A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, manifesta que se despide así “unha axenda que, un ano máis, acadou un grande éxito entre o público.”
O acceso é libre ata completa-la cabida desta instalación municipal.