A I Bandeira de Traiñeiras Veteranas Concello da Pobra disputarase no 1 de maio
Chega á súa fin o mes de abril, pero non as citas co remo. A I Bandeira de Traiñeiras Veteranas Concello da Pobra, feminina e masculina, disputarase no 1 de maio, a partir das 11.00 horas, nas inmediacións do peirao comercial.
Esta proba chega á localidade da man do Club Remo Puebla e da Liga Galega de Traiñeiras Veteran@s, co patrocinio da Administración local e a colaboración da Protección civil pobrense.
“Dáselle así continuidade á intensa actividade do remo no noso municipio que, no mes de abril, deixou tres campionatos de bateis: provincial, galego e nacional”, apunta o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido.
Tomarán parte 11 equipos de toda Galicia, o que se traduce na presenza de máis de 150 remeiros e remeiras.
Farase a entrega da bandeira para o equipo gañador da categoría veterana feminina e veterana masculina.