O Concello da Pobra repartirá árbores de Nadal entre os negocios da localidade
Achégase a época do Nadal e o Concello da Pobra do Caramiñal xa está ultimando todo cara estas datas, tanto no que respecta a actividades como a decoración dos espazos públicos.
Para incrementa-lo carácter vistoso das rúas, a Concellaría da Promoción Económica repartirá 200 árbores entre os negocios do municipio. Unha acción que se repite por segundo ano consecutivo co obxectivo de “convidar ao sector comercial e hostaleiro a engalanar o exterior dos seus locais”, apunta a edil Amparo Cerecedo.
Pode solicitar a súa árbore calquera tipo de negocio: salóns de peiteado, inmobiliarias, tendas de alimentación, establecementos de téxtil…
Dispoñen ata o 25 de novembro para anotarse a través do enderezo electrónico promocioneconomicapobra@gmail.com e o repartimento efectuarase a finais de mes.