
Información relativa á celebración do San Xoán
O Concello da Pobra do Caramiñal publica toda a información relativa á celebración da festividade do San Xoán 2026. En concreto, recóllense nun bando municipal as condicións para a realización das tradicionais fogueiras tanto en espazos públicos como privados, así como o modelo oficial de solicitude.
As solicitudes deberán presentarse antes do venres 19 de xuño no Rexistro Municipal ou a través da sede electrónica, indicando o lugar exacto da fogueira. As peticións presentadas con posterioridade non contarán con autorización municipal. A persoa asinante será a responsable da fogueira e do cumprimento de todas as normas recollidas no bando.
Bando San Xoán 2026 – Concello da Pobra do Caramiñal
Solicitude para a realización de fogueiras de San Xoán 2026


