
V Carreira Solidaria Móvete pola Diabetes celebrarase o 24 de xullo
A Pobra do Caramiñal acollerá o venres 24 de xullo a V Carreira Solidaria Móvete pola Diabetes, unha cita organizada polo Concello da Pobra do Caramiñal, Anedia, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo. Na proba poderán participar tanto atletas federados/as como non federados/as.
O programa dará comezo ás 20.00 horas, con carreiras para as diferentes categorías, desde Sub 6 ata Máster, ademais da categoría Zapatilla Inclusiva. A saída estará situada na rúa Fernández Albor e a meta, no interior da praza Alcalde Segundo Durán.
As inscricións continúan abertas a través da web www.carreirasgalegas.com ata o 22 de xullo ás 14.00 horas. A participación será gratuíta nas categorías Sub 6, Sub 8, Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16 e Zapatilla Inclusiva, mentres que nas categorías Sub 18 a Máster terá un custo de 8 euros.
Os dorsais poderán recollerse na praza Alcalde Segundo Durán ata media hora antes do inicio de cada carreira e a entrega de trofeos realizarase a partir das 22.00 horas.
Toda a información da proba está dispoñible en no regulamento que se achega en formato PDF.






