Últimas Novas

Caravana feminista polo Día Internacional da Muller

Caravana feminista polo Día Internacional da Muller

Percorrido da caravana feminista prevista para o 8 de marzo polo Día Internacional da Muller.

O circuíto en coche iniciarase ás 20.00 horas no paseo dos Areos para continuar pola rúa da Ponte, rúa Gasset, rúa da Paz, rúa Díaz de Rábago e rúa Anxo Rey Ballesteros.

Concluirá no aparcadoiro do recheo, onde se levará a cabo a lectura do manifesto. As persoas asistentes deberán permanecer no interior dos seus vehículos co obxectivo de respecta-las medidas establecidas por mor da COVID-19.