
Viaxes en catamarán ás illas Cíes, Ons e Sálvora (xuño e xullo)
A Concellaría de Turismo da Pobra do Caramiñal organiza viaxes ó Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas dende A Pobra do Caramiñal, en catamarán, durante o verán de 2019.
Domingo 23 de xuño viaxaremos á illa de Ons: sairase ás 9.00 h do porto náutico da Pobra do Caramiñal e regresarase ás 18:30 h aproximadamente.
Cada adulto/a deberá pagar 21€ e cada neno/a de 4 a 12 anos, 12€. Inclúe o transporte de ida e volta e mais unha ruta guiada.
Domingo 30 de xuño viaxaremos ás illas Cíes: sairase ás 9.00 h do porto náutico da Pobra do Caramiñal e regresarase ás 19:30 h aproximadamente.
Cada persoa adulta deberá pagar 25€ e cada neno/a de 4 a 12 anos, 15€. Inclúe o transporte de ida e volta e mais unha ruta guiada.
Domingo 7 de xullo, viaxaremos á illa de Sálvora: sairase do porto náutico da Pobra do Caramiñal ás 9.30 h e regresarase ás 18.30 h aproximadamente.
O prezo por adulto/a é de 20€ e, por neno/a de 4 a 12 anos, é de 10€. Inclúe o transporte de ida e volta e mais unha ruta guiada.
Só se lles devolverá o importe íntegro do billete cando a empresa anule a viaxe por prognóstico meteorolóxico adverso ou por falta dunha cantidade mínima de persoas pasaxeiras.
As prazas son limitadas. As persoas interesadas en calquera das viaxes deben reservar e realiza-lo pagamento como mínimo 15 días antes do día da viaxe, da seguinte maneira:
- a) A través do teléfono 986 320 048, no horario de 9:00 a 20:00 h
Tódolas persoas viaxeiras deberán facilita-los seguintes datos: nome e apelidos, número de documento de identificación e data de nacemento.
Para realiza-lo pagamento deberá proporcionar un número de tarxeta (nunca o PIN), coma se se tratase dunha compra pola Internet. Recibirá un correo electrónico coa confirmación da compra, que deberá presentar no barco o día da viaxe para retira-los seus billetes.
b)A través da páxina web da empresa navieira: www.piratasdenabia.com.
Por motivos das autorizacións da administración do parque, de momento só está dispoñíbel para a reserva da viaxe de Sálvora.
Tódalas persoas deberán facilita-los seguintes datos: nome e apelidos, número de documento de identificación e data de nacemento.
*No caso de querer ir á illa de Ons ou ás illas Cíes, antes de compra-lo billete na páxina web da navieira, deberá solicita-la autorización de acceso ó Parque Nacional, na páxina web oficial www.autorizacionillasatlanticas.xunta.gal
Informarémolo/a:
- No punto de información turística da Pobra do Caramiñal instalado no Museo Valle-Inclán en horario de martes a sábado, das 11.00 ás 14.00 h e das 17.00 ás 19.00 h;
- No edificio do concello, no 2.º andar, en horario de luns a venres pola mañá;
- Chamando ó número de teléfono 671 090 262 ou ó 687 482 835;
- Na páxina do Facebook oficial de Turismo, chamado Turismo A Pobra do Caramiñal, ou tamén a través desta web municipal: apobra.gal