"O vixilante dos soños" do programa NADAL EN REDE: teatro en galego para público familiar, martes 7 de xaneiro ás 18 h no Elma
No día 7 de xaneiro de 2020 (martes) a compañía lucense Ubú Teatro representará ás 18 h no teatro Elma O vixilante dos soños, dentro do programa NADAL EN REDE, deseñado pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta para que as nosas nenas e nenos gocen dunhas boas vacacións do Nadal coas súas familias con actividades de lecer en galego.
Dende pequeno Sonólicus dorme ben pegadiño á fiestra e o último que ve antes de pecha-los ollos é a faciana redonda e resplandecente da Lúa. Así é como comeza a aventura dun neno que vai medrando cunhas inmensas ganas de chegar á Lúa e que acabará converténdose no mellor amigo dos nenos e nenas.
O noso amigo Sonólicus visitará neste Nadal 10 concellos galegos (só dos que pertencemos á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta) da man de Ubú Teatro e a nosa vila é un dos 10 concellos elixidos!
Non o perdades!
Entrada libre ata se enche-la cabida
Organizan o SNL (Servizo de Normalización Lingüística) do Concello da Pobra do Caramiñal e maila Rede de Dinamización Lingüística da Xunta.
Máis información no Portal da Lingua Galega:
https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/axenda?evento=65837
Portal do Observatorio da Lingua Galega:
https://www.observatoriodalingua.gal/gl/actualidade/evento/nadal-en-rede-pobra-do-caraminal