Vive o mellor Entroido na Pobra do Caramiñal dende 21 ata 29 de febreiro de 2020!
A programación máis completa e máis orixinal do Entroido de 2020 é na Pobra do Caramiñal!
Comezaremos venres 21 de febreiro a partir das 17 h cunha boa merendola no toldo da praza Maior, coa colaboración das ANPA da E.E.I. Fernández Varela, de Bandaseca e mais de Cadreche.
Haberá máis actividades e, pola noite, festa choqueira á partir das 23 h !
Sábado 22 de febreiro de 2020: día do Entroido Esperpéntico e do regreso ós anos 20 e 30 na praza do Cantón da Leña (véxase a programación específica desa xornada), na compaña do tenente Astete (o cornudo don Friolera) e o propio don Ramón del Valle-Inclán, quen nos visitará en persoa!
Domingo 23 de febreiro: día da festa espacial e concurso de disfraces con bos premios!
Martes 25 de febreiro: o noso día grande do Entroido! Gran desfile de carrozas e disfraces (saída dende A Covecha) con comparsas, concursos, actuacións musicais e humorísticas…e unha chea de premios!
Sábado 29 de febreiro de 2020: enterro do Filipe, o noso Filipiño, a cargo da veciñanza do Xobre. A comitiva sairá do Campo do Maño e levará o Filipe ata a rampla do pantalán para o queimar alí e así dar fin ó Entroido de 2020.