20 de abril de 2020, pasamento da poetisa e académica galega Luz Pozo Garza
HOXE APAGOUSE UNHA LUZ NAS RÚAS DA NOSA VILA!
A rúa da Pobra do Caramiñal LUZ POZO GARZA (a que baixa dende a rúa da Paz á rúa do Estremo) queda orfa hoxe, 20 de abril de 2020, de quen nos alumou coas súas palabras poéticas dende hai case sete décadas.
Neste 20 de abril de 2020 faleceu a escritora LUZ POZO GARZA (nada en Ribadeo en 1922) e o Concello da Pobra do Caramiñal, coa súa rúa a ela dedicada, quérese sumar ás entidades que lamentan o pasamento dunha das poetisas máis importantes da literatura galega dos sécs. XX e XXI, de forte influencia rosaliana.
Foi unha das primeiras mulleres escritoras en galego na posguerra.
Tamén editora e crítica literaria, en 1975 cofundou e codirixiu canda Tomás Barros a revista Nordés (aínda que tivo que figurar como subdirectora pola forte discriminación de xénero do réxime franquista).
Académica correspondente da Real Academia Galega (RAG) dende 1950 con só 28 anos, foi, dende 1996, a segunda muller membro numerario da RAG, despois de Olga Gallego.
Foi ademais a primeira muller en ocupar un posto na dirección da RAG (vicesecretaria) en 1997.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) propúxoa dende hai anos como candidata ó Premio Nobel de Literatura.
A RAG rendeulle unha homenaxe poética á nosa escritora no 95.º aniversario desta, publicada na obra Un pozo de luz.
http://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/320/321/1135-1
Poden coñecer máis da vida e obra de LUZ POZO GARZA na páxina da RAG: