Adíase a charla musicada Irás, Dirás, Virás para o día 25 de maio
A Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), configurou unha ampla programación, que se estende ata finais do presente mes, con motivo do Día das Letras Galegas, dedicado neste 2021 a Xela Arias. Unha das actividades previstas para esta tarde era a charla musicada Irás, Dirás, Virás con Clara Pino e Pablo Vidal, ás 20.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.
Finalmente, esta cita adíase para o día 25 de maio debido á indisposición dunha das artistas.