
Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller neste 25 de novembro de 2021
Neste 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Un ano máis, o Concello da Pobra do Caramiñal forma parte da campaña En negro contra as violencias, así como da DE FRONTE á violencia de xénero.
Cómpre lembrar que, a maiores, a Concellaría da Igualdade configurou para o presente mes unha ampla programación coa finalidade de contribuír a unha sociedade máis igualitaria, así como concienciar e sensibilizar sobre a violencia de xénero para erradicar esta eiva social.