
Mesa de traballo entre as Concellarías dos Servizos Sociais de Barbanza Arousa
As Concellarías dos Servizos Sociais dos municipios que conforman Barbanza Arousa mantiveron neste 18 de marzo unha mesa de traballo para expoñer as liñas mestras que se seguen nos Concellos e analizar outras a desenvolver de maneira conxunta, ademais de intercambiar pareceres sobre os programas e servizos que se prestan. Na reunión estiveron presentes as edís Amparo Cerecedo (A Pobra do Caramiñal), Ana Barreiro (Ribeira), Hadriana Ordóñez (Rianxo) e Raúl Treus (Boiro).
No transcurso da xuntanza abordaron diversas cuestións, tales coma os proxectos impulsados para incrementar o benestar social, a evolución do número de persoas en situación de vulnerabilidade e as iniciativas a pór en marcha no relativo á situación de emerxencia humanitaria na Ucraína.