Miguel Mosteiro ponse aos fogóns nunha mostra e degustación culinaria nos Xardíns de Valle-Inclán
Despois de que a mala previsión meteorolóxica obrigase a facer cambios na axenda da Semana do Mar 2024, xa chegou o momento para desfrutar dunha das actividades que se viron afectadas.
Miguel Mosteiro ofrecerá unha mostra e degustación culinaria en base á conserva. Será neste 29 de xullo, ás 20.00 horas, nos Xardíns de Valle-Inclán.
Trátase dunha proposta organizada pola Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal para exalta-la tradición mariñeira da localidade, desta vez, a través da gastronomía.