Aberto o prazo para solicitar o Bono concilia para o curso 2021-2022
O DOG do 17 de xuño de 2021 recolle a publicación da orde pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos, a través do programa Bono concilia, e se convocan para o curso 2021-2022.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía telemática través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, indicando a opción de renovación da axuda ou de nova solicitude segundo corresponda. Para esta modalidade de presentación poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola referida sede electrónica, incluído o sistema Chave365. Opcionalmente, poderanse entregar de maneira presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
O prazo será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.
Para máis información poden contactar co Departamento dos Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal a través do teléfono 981832764, marcando a opción 1.
As bases reguladoras poden consultarse a través da seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210617/AnuncioG0425-040621-0001_gl.html