Conclúen os traballos de acondicionamento das beirarrúas e cunetas de vías municipais da Pobra
Nos dous últimos meses de 2023 acometeuse o acondicionamento das beirarrúas e cunetas en vías de titularidade municipal da Pobra do Caramiñal; unhas tarefas que se estenderon a todo o termo municipal.
A concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos, precisa que se procedeu coa eliminación da vexetación coa finalidade de mellora-la seguridade e tránsito nos camiños públicos, ademais de retira-lo depósito de sedimentos para a correcta circulación das augas pluviais, especialmente durante o outono e o inverno.
Estes labores realizáronse a cargo do remanente da Tesouraría, cunha partida de 90 000 euros destinados para este fin.